A temática desta edición é a análise do xénero como teoría sobre a que se constrúe unha cultura patriarcal baseada no binomio «dominación masculina vs subordinación feminina».

O xénero, como teoría social, varía dependendo de cuestións como a época, o país, a cultura ou a situación política e todas as circunstancias que a inflúen, como a relixión, economía, mestizaxe, illamento, etc.

Xuntamos o cartel que ven de publicarse nas rrss. A imaxe que eliximos para esta edición recrea unha atmosfera asfixiante na que se amosan algúns dos elementos recoñecibles das vivencias propias dunha vida de submisión e atención aos desexos masculinos, segundo o guión establecido nunha sociedade patriarcal.

Así, podemos ver a unha muller atrapada nunha vida de renuncia ao desenvolvemento persoal e de servizo dentro do fogar e a crianza, como unha tarefa propia e exclusiva, e de disposición aos desexos do home.