Foto de grupo ao pechar a sesión do domingo.
Clic na foto para ampliar.
Momento do interesantísimo debate aberto entre as asistentes tras escoitar a Lidia Falcón o sábado.
Este congreso é promovido polo activismo feminista galego
Actuar á marxe das institucións e partidos permítenos contar cunha total liberdade na selección de contidos e convidadas.
Este ano a temática central do congreso é a recuperación do espazo ideolóxico do movemento feminista.
Nun momento de deliberada confusión ideolóxica, no que dende tribunas progresistas aréngase sobre as virtudes do neo-neoliberalismo, como a máxima expresión da xustiza social, tampouco o feminismo se escapa a ese intento de reformulación ideolóxica, que aplaude a explotación da muller como empoderamento, os estereotipos sexistas como identidade, os símbolos de opresión como manifestacións culturais e reduce o concepto de muller a unha sorte de esencia inmaterial que se manifesta a través dunha performance.
Neste contexto, no que feminismo é calquera cousa que alguén que se di feminista lle atribúa, aínda sendo un suxeito alleo ao propio movemento, cómpre recuperar a nosa base ideolóxica e someter a escrutinio todos os intentos de entrismo ideolóxico.
Sábado
27 de setembro de 2025
Acreditación
Entre as 9:00 h e as 10:00 h entregáronse as credenciais a todas as asistentes.
Benvida
Benvida e presentación do congreso.
PonenciaAs raíces ideolóxicas do feminismo

Ana de Miguel
Afondamento nas bases ideolóxicas do feminismo e de como estas se plasman nunha axenda propia e diferenciada doutros movementos sociais e políticos.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Descanso
PresentaciónBeijing 1995 + 30: España

Concha García
Repaso dalgunhas das esferas de traballo da IV Conferencia Mundial da ONU sobre a Muller, Beijing 1995, centrada na situación actual das mesmas en España.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Descanso
Mesa de debatePolítica feminista
Con Marta González (PP de Galicia) e Silvia Fraga (PSdeG PSOE)
Esta mesa abordou varios temas de interese para o feminismo, nos que se analizaron datos e preocupacións seguidos da previsión de acción política para cada un, por parte das tres formacións políticas.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Moderou: Concha García
(‼️) O BNG cancelou a súa participación logo de confirmar a súa asistencia. Antes de dar inicio á mesa de debate informouse das razóns que nos deu para absterse de participar.
Pausa comida
PonenciaIslamismo: cultura ou misoxinia

Paula Fraga
Análise do impacto das tradicións islamistas sobre os dereitos e liberdades da muller e límites da defensa cultural a costa da plena igualdade entre mulleres e homes.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Descanso
Intervención a través de videoconferenciaO suxeito político do feminismo

Lidia Falcón
Nesta intervención, Lidia Falcón falou de quen forma parte lexítimamente do movemento feminista e a quen vai dirixida a súa acción reivindicativa.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Descanso
PresentaciónInforme sobre o trastorno da identidade sexual en Galicia
María P. Pata
Síntese do informe elaborado pola asociación Observatorio Feminista Galego cos datos aportados polo Servizo Galego de Saúde sobre as intervencións relacionadas coa identidade sexual en Galicia nun periodo de 5 anos.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Domingo
28 de setembro de 2025
Acreditación
Entre as 9:30 h e as 10:00 h entregáronse as credenciais a todas as asistentes.
Mesa de debateA falacia do traballo sexual
Con Sarah Berlori, Silvia Pérez Freire e Alicia Boluda
Nesta mesa falouse sobre os mitos que envolven á prostitución, dende a “puta feliz” ata a profesional empoderada, desmentindo o relato de regulacionistas que se apoian nestas falacias para defender a súa lexitimidade.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Moderou: Uxía López Mejuto
Descanso
Mesa de debateA construción ideolóxica
Con Carmen Abuín, Laura Redondo, María Loureiro
A mesa trata sobre o adoutrinamento ideolóxico e a instalación de crenzas a través da socialización, dos medios de comunicación e o espazo educativo e de como estes poden adormecer o pensamento crítico.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Moderou: Rosa Arcos